![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2c/AustraliaStatesTerritoriesNumb.png/640px-AustraliaStatesTerritoriesNumb.png&w=640&q=50)
Subdivisións de Australia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Australia está dividida en seis estados, tres territorios continentais e outros territorios insulares. Os estados son Nova Gales do Sur (NSW), Queensland (QLD), Australia Meridional (SA), Tasmania (TAS), Victoria (VIC) e Australia Occidental (WA). Os tres territorios continentais son o Territorio do Norte (NT), o Territorio da Capital Australiana (ACT) e Jervis Bay (JBT) (que se considera parte do ATC). Na maior parte dos seus asuntos, os territorios funcionan de xeito similar aos estados; con todo o Parlamento da Mancomunidade ten o poder de anular calquera lexislación dos parlamentos dos primeiros. En contraste, a lexislación federal só pode anular lexislacións dos estados relativas a certas áreas segundo establécese na Sección 51 da Constitución Australiana; todos os poderes lexislativos residuais son manexados polos parlamentos dos estados, incluíndo hospitais, educación, policía, poder xudicial, estradas, transporte público e goberno local.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2c/AustraliaStatesTerritoriesNumb.png/320px-AustraliaStatesTerritoriesNumb.png)
Cada estado e territorio ten a súa propia lexislatura (unicameral no caso do Territorio do Norte, o Territorio da Capital Australiana e Queensland, e bicameral nos restantes estados). A cámara baixa é coñecida como Asemblea Lexislativa (Cámara da Asemblea en Australia Meridional e Tasmania) e a cámara alta é chamada Consello Lexislativo. O xefe de Goberno de cada estado e territorio é denominado premier ou chief minister respectivamente. A Raíña é representada nos estados por un gobernador, no Territorio do Norte por un administrador, e no Territorio da Capital Australiana polo Gobernador Xeral.
Australia ten tamén varios territorios menores. O Goberno federal administra unha área separada dentro de Nova Gales do Sur, o Jervis Bay, como base naval e porto marítimo para a capital nacional. Australia posúe ademais os seguintes territorios externos habitados: Illa Norfolk, Illa de Nadal e Illas Cocos (Keeling); e os territorios externos deshabitados de Illas Ashmore e Cartier, Illas do Mar do Coral, Illas Heard e McDonald e Territorio Antártico Australiano; en canto a dúas supostas illas, a Dougherty e a Emerald, estas fai anos que se consideran unha ficción e, polo tanto, se categorizan como illas pantasma.
O código ISO que comeza por AU- é o ISO 3166-2:AU; algúns territorios teñen o seu propio código ISO 3166-1.