Su Nuraxi de Barumini
From Wikipedia, the free encyclopedia
Su Nuraxi é un xacemento arqueolóxico nuráxico en Barumini, Sardeña, Italia. Su Nuraxi significa simplemente "O Nurago" en Campidanese, a variante sur da lingua sarda.
Datos rápidos Patrimonio da Humanidade - UNESCO, País ...
Su Nuraxi de Barumini | |
---|---|
Su Nuraxi en Barumini | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Italia |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, III, IV |
Inscrición | 1997 (21ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 833 |
Pechar
Su Nuraxi é un asentamento formado por un Nurago do século XVII a.C., un bastión de catro torres nas esquinas máis unha central, e unha vila habitada dende o século XIII ata o VI a.C., desenvolvida arredor do Nurago. Son considerados polos estudosos como a expresión máis impresionante da civilización nuráxica e foron incluídos na lista da UNESCO de Patrimonio da Humanidade en 1997 como Su Nuraxi di Barumini.