Straight edge
From Wikipedia, the free encyclopedia
O straight edge é un movemento contracultural ou estilo de vida nacido dentro da escena punk, en concreto dentro do hardcore, a comezos da década de 1980 nos Estados Unidos de América. Caracterízase pola defensa dunha actitude vital positiva e construtiva dentro do movemento punk. Así, rexeita prácticas consideradas como autodestructivas e negativas, coma o consumo de drogas (incluídas as legais coma o alcol e o tabaco) e a promiscuidade sexual. A partir destes postulados tamén se relacionou fortemente con outros movementos coma o vexetarianismo ou o veganismo. De feito, unha parte dos membros considera o veganismo coma un elemento definidor máis do movemento (o denominado vegan straight edge).
O termo ten a súa orixe na canción Straight Edge de Minor Threat, banda de Washington DC, considerada unha das iniciadoras do movemento.