fotógrafo estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Steve McCurry, nado o 23 de abril de 1950 en Filadelfia, é un fotógrafo estadounidense, mundialmente coñecido por ser autor da fotografía A nena afgá, publicada na portada da revista National Geographic en xuño de 1985.[1] É membro da axencia Magnum dende 1986.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de abril de 1950 Filadelfia, Pensilvania, Estados Unidos |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade Estatal de Pensilvania |
Actividade | |
Ocupación | Fotógrafo |
Empregador | Magnum Photos |
Membro de | Magnum Photos (1986–) |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
| |
Páxina web | www.stevemccurry.com |
McCurry recibiu numerosos premios, entre eles o Fotógrafo de Revista do Ano, outorgado pola National Press Photographers Association, ou a Medalla do Centenario da Royal Photographic Society. Amais, dúas das súas fotografías foron seleccionadas no primeiro posto do concurso World Press Photo.
Comezou estudando Historia da Cinematografía e Cinematografía na Universidade Estatal de Pensilvania en 1968, pero rematou conseguindo o diploma en Artes Escénicas, graduánduse cum laude en 1974. Interesouse enormemente pola fotografía cando comezou a tomar imaxes para un xornal de Pensilvania, coñecido como The Daily Collegian.
A súa carreira como fotógrafo comeza coa cobertura da guerra de Afganistán, alí disfrazouse coa vestimenta do país para pasar inadvertido ao traballar, e coseu os carretes á roupa para poder sacalos do país. As súas imaxes estiveron entre as primeiras que retrataron o conflito e tiveron unha ampla circulación. Este traballo fixo que en 1980 gañara a Medalla de Ouro Robert Capa á mellor reportaxe fotográfica no estranxeiro.
McCurry continuou cubrindo conflitos internacionais, como a guerra entre Irán e Iraq ou a guerra do golfo. O seu traballo foi publicado en revistas en todo o mundo, sendo un colaborador habitual de National Geographic.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.