From Wikipedia, the free encyclopedia
Spirulina é un xénero de cianobacterias. Varias especies deste xénero sufriron cambios taxonómicos, como por exemplo Spirulina platensis (agora no xénero Arthrospira e chamada Arthrospira platensis) e Spirulina maxima (despois chamada Arthrospira maxima e Limnospira maxima), que se utilizan para producir o suplemento dietético espirulina (ou spirulina), que seguiu recibindo ese nome por razóns históricas, aínda que actualmente ningunha especie clasificada no xénero Spirulina é comestible. Moitas outras antigas especies de Spirulina foron cambiadas de xénero ou especie, polo que se creou certa confusión taxonómica.
Spirulina (xénero) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Especies | |||||||||||
ver texto |
As especies deste xénero forman filamentos non ramificados sen vaíña, xeralmente formando grupos ou tapetes, enroscados en toda a lonxitude do seu tricoma, con xiros moi apertados, que se tocan ou case. Forman tricomas isopolares, uniseriados, compostos de células cilíndricas, non constrinxidos nas paredes divisorias e moi móbiles (rotación).[2]
Esta lista de especies é a que figuraba en AlgaeBase o 17 de xaneiro de 2022, e só se incluíron os que se consideran nomes válidos (non cambiados de xénero).[2]
O nome da dereita entre corchetes é o que se considera válido.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.