![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/34/Speedway_Extraliiga_22._5._2010_-_er%25C3%25A4_17.jpg/640px-Speedway_Extraliiga_22._5._2010_-_er%25C3%25A4_17.jpg&w=640&q=50)
Speedway
From Wikipedia, the free encyclopedia
O speedway é un deporte motociclista no que 4 ou 6 pilotos corren carreiras de 4 voltas en sentido contrario ao reloxo arredor dun óvalo. As motos de speedway utilizan unha soa engrenaxe e non teñen freos. As carreiras dispútanse en óvalos e normalmente consisten en derrapar e luxarse. Nas partes rectas dos trazados, as motos deste deporte chegan a alcanzar os 110 km/h.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/34/Speedway_Extraliiga_22._5._2010_-_er%C3%A4_17.jpg/640px-Speedway_Extraliiga_22._5._2010_-_er%C3%A4_17.jpg)
As orixes exactas deste deporte son descoñecidas pero pénsase que antes da primeira guerra mundial se comezou a correr cun tipo de motos de speedway nos Estados Unidos e en Australia. Agora hai moitas competicións de speedway (ligas nacionais, trofeos internacionais...). Tamén existe a Speedway World Cup que é o mundial do deporte e no que hai grandes premios arredor de todo o mundo. O speedway é moi popular sobre todo en Centroeuropa, no Norte de Europa, en Australia e nos Estados Unidos.