Sospeitosos habituais
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sospeitosos habituais (en inglés: The Usual Suspects) é un filme estadounidense de 1995 escrito por Christopher McQuarrie (quen gañou un Oscar ó mellor guión orixinal por este traballo) e dirixido por Bryan Singer. Está protagonizado por Kevin Spacey (Oscar ó mellor actor secundario), Gabriel Byrne, Stephen Baldwin, Benicio del Toro e Kevin Pollak.
Datos rápidos Sospeitosos habituais, Ficha técnica ...
Sospeitosos habituais | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Usual Suspects |
Director | Bryan Singer |
Produtor | Bryan Singer |
Guión | Christopher McQuarrie |
Intérpretes | Stephen Baldwin, Gabriel Byrne, Benicio del Toro, Kevin Pollak, Kevin Spacey, Chazz Palminteri |
Música | John Ottman |
Fotografía | Newton Thomas Sigel |
Montaxe | John Ottman |
Distribuidora | Spelling Films International |
Estrea | 1995 |
Duración | 105 min. |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción / Suspense / Misterio |
Na rede | |
Pechar
Cun orzamento duns 4 millóns de dólares, non foi moi ben recibido nas salas de cinema durante a súa estrea, formando parte da lista de «As películas máis odiadas por Roger Ebert», pero foi atractivo para moitos seguidores do xénero de crime/drama e é considerada unha película de culto. Dez anos despois da súa estrea seguía no Top 25 de Internet Movie Database «Top 250 Movie List».