![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9d/Plos_wilson.jpg/640px-Plos_wilson.jpg&w=640&q=50)
Sociobioloxía
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sociobioloxía é unha póla da bioloxía que estuda o comportamento social dos animais, empregando conceptos da etoloxía, socioloxía, xenética de poboacións e evolución.[1] Dentro do estudo das sociedades humanas, a sociobioloxía está estreitamente relacionada coa antropoloxía darwiniana, coa ecoloxía do comportamento humano[2] e coa psicoloxía evolucionista. O termo foi popularizado por Edward Osborne Wilson, no seu libro Sociobiology: The New Synthesis, publicado en 1975.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9d/Plos_wilson.jpg/640px-Plos_wilson.jpg)
Esa disciplina científica propón que comportamentos e sentimentos animais, tamén existentes nos seres humanos, como o altruísmo e a agresividade, son en parte derivados da xenética, e non son só culturais ou socialmente adquiridos. Ese tipo de afirmación causou gran controversia no escenario intelectual, e até hoxe divide os investigadores. Porén, boa parte das críticas son interpretacións erróneas da teoría, moi confundida co darwinismo social.