Sitios de arte rupestre prehistórica do val do Côa e de Siega Verde
sitios arqueolóxicos paleolíticos de Portugal / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os sitios de arte rupestre prehistórica do val do Côa e de Siega Verde son un dos maiores lugares ao aire libre con mostras de arte paleolítica.
Datos rápidos Patrimonio da Humanidade - UNESCO, País ...
Sitios de arte rupestre prehistórica do val do Côa e de Siega Verde | |
---|---|
Conxunto de gravados en Penascosa. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Portugal |
Localización | Vila Nova de Foz Côa |
Criterios | Criterios |
Inscrición | 1998 |
Identificador | 866 |
Pechar
A finais da década de 1980 descubríronse incisións gravadas en Vila Nova de Foz Côa, no Portugal nororiental. Este lugar áchase do val do río Côa, e comprende milleiros de incisións que representan cabalos, bóvidos (uros), caprinos e outros animais, seres humanos e figuras abstractas, datábeis entre 20.000 e 10.000 anos de antigüidade. Desde o ano 1995 un equipo de arqueólogos está a catalogar e estudar este complexo prehistórico. Foi tamén creado un parque para acoller visitas turísticas en áreas moi determinadas.