From Wikipedia, the free encyclopedia
Un sistema dixital é un sistema de transmisión ou procesamento de información no cal a información se atopa representada por medio de cantidades físicas (sinais), as cales están tan restrinxidas que só poden asumir valores discretos. Os sistemas dixitais máis sinxelos tratan con sinais binarios, que só poden tomar dous valores, polo que reciben o nome de sistemas binarios.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Os sistemas dixitais tamén se denominan sistemas de conmutación dado que a orixe histórica da teoría de sistemas dixitais se atopa na necesidade de analizar e deseñar as redes de relés dos primeiros sistemas telefónicos.
A principal vantaxe dos sistemas dixitais respecto aos analóxicos (aqueles que poden asumir valores continuos na información que procesan) é que son máis fáciles de deseñar, poñer en funcionamento e depurar, xa que as técnicas empregadas en cada unha destas fases están ben establecidas.
As operacións dixitais son tamén moito máis sinxelas e a transmisión de sinais dentro do circuíto e entre circuítos é máis fiable ó empregar un conxunto discreto de valores.
O mellor argumento a favor da maior flexibilidade dos sitemas dixitais atópase nos actuais ordenadores ou computadoras dixitais, baseados integramente nos deseños e circuítos dixitais.
Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.