Sistema de numeración decimal
From Wikipedia, the free encyclopedia
O sistema de numeración decimal ou sistema decimal é un sistema de numeración posicional no que as cantidades se representan utilizando como base o número dez polo que se compón de dez cifras diferentes: cero (0); un (1); dous (2); tres (3); catro (4); cinco (5); seis (6); sete (7); oito (8) e nove (9). Este conxunto de símbolos denomínase números árabes, e é de orixe hindú.
Como sistema posicional, o valor destes símbolos depende da súa posición dentro do número, polo que serven para indicar unidades, decenas, centenas etc., de dereita a esquerda.
Así:
Polo tanto, e contrariamente á numeración romana, a cifra árabe ten un valor diferente segundo a súa posición no número: así, en 111, a primeira cifra significa 100, a segunda 10 e a terceira 1, mentres que en VIII (oito en numeración romana) os tres I significan todos 1.
Excepto en certas culturas, este sistema de posición úsase habitualmente en todo o mundo e en todas as áreas que requiren dun sistema de numeración. Non obstante hai certas técnicas, como por exemplo na informática, onde se utilizan sistemas de numeración adaptados ao método de traballo como o binario ou o hexadecimal. Tamén poden existir nalgúns idiomas vestixios do uso doutros sistemas de numeración, como o quinario, o duodecimal e o vixesimal. Por exemplo, cando se contan cousas por ducias, ou cando se empregan palabras especiais para designar certos números; en francés, por exemplo, o número 80 exprésase "quatre-vingt", "catro vintenas", en galego.
No sistema decimal o símbolo 0 (cero) posicionado á esquerda do número escrito non altera o seu valor representativo. Así: 1; 01; 001 ou 0001 representan a mesma magnitude, neste caso a unidade. O símbolo cero posto á dereita implica multiplicar a magnitude pola base, ou sexa, por 10 (dez).