partido político irlandés From Wikipedia, the free encyclopedia
O Sinn Féin (en galego, Nós ou Nós mesmos, traducido erroneamente Nós sós) é un partido político irlandés de ideoloxía republicana, nacionalista e socialdemócrata. Concorre ás eleccións nos dous territorios nos que está dividida a Illa: na República de Irlanda e en Irlanda do Norte (dependente do Reino Unido).
Sinn Féin | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Mary Lou McDonald (Presidente) |
Mocidades | Ógra Shinn Féin |
Historia | |
Fundación | 28 de novembro de 1905 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Republicanismo irlandés Nacionalismo irlandés Socialdemocracia |
Representación | |
Dáil Éireann | 37 / 160 |
Seanad Éireann | 4 / 60 |
Asemblea de Irlanda do Norte | 26 / 90 |
Cámara dos Comúns (Escanos de Irlanda do Norte) | 7 / 18 |
Outros datos | |
Sede | 44 Parnell Square, Dublín 1 (Irlanda) 53 Fall Road, Belfast, Irlanda do Norte BT12 4PD |
Publicación | An Phoblacht |
Na rede | |
www.sinnfein.ie | |
A organización orixinal do Sinn Féin foi fundada o 28 de novembro de 1905 por Arthur Griffith, pero dende entón dividiuse en varias ocasións, orixinando a consecuencia da guerra civil irlandesa aos dous partidos tradicionalmente dominantes da política do sur de Irlanda: Fianna Fáil, e Cumann na nGaedheal (hoxe en día chamado Fine Gael).
O partido contemporáneo Sinn Féin tomou a súa forma en 1970 tras outra división (unha facción acabou converténdose no Partido dos Traballadores de Irlanda). Mary Lou McDonald converteuse en presidenta do partido en febreiro de 2018.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.