From Wikipedia, the free encyclopedia
Simon and Garfunkel foi un dúo musical de folk rock composto polo cantautor Paul Simon e o cantante Art Garfunkel, formado en 1957. Foron moi populares na década de 1960.
Simon & Garfunkel | |
---|---|
Simon & Garfunkel tocando en Dublín. | |
Orixe | Nova York, Estados Unidos |
Período | 1957–1970 1981–1983 2003–2004 2009–2010 |
Xénero(s) | Folk rock, folk, soft rock |
Selo(s) discográfico(s) | Columbia |
Antigos membros | Paul Simon Art Garfunkel |
Na rede | |
Páxina oficial | |
|
Coñecéronse mentres estudaban no instituto en 1957 e alí formaron o grupo Tom and Jerry, que tiña como canción senlleira "Hey Schoolgirl". Xa como Simon and Garfunkel o seu primeiro álbum "Wednesday Morning, 3 A.M" (1964) pasou desapercibido ata que o produtor, Tom Wilson tivo a idea de engadir guitarras eléctricas a un dos temas do álbum e relanzalo, o dúo saltou, pois, á fama en 1965 con "The Sound of Silence". A súa música foi banda sonora do filme que foi mítico para toda unha xeración, O graduado e que lles deu fama mundial. Cun novo estilo emparentado co folk Simon and Garfunkel estiveron entre os artistas máis populares dos sesenta con cancións como "Mrs. Robinson," e "Bridge over Troubled Water". Despois da súa ruptura en 1970 eles xuntáronse en varias ocasións, a máis coñecida foi o concerto de Central Park, que axuntou 500.000 persoas en 1981.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.