Simbad o mariño
From Wikipedia, the free encyclopedia
Simbad o mariño[1] (en árabe: السندباد البحري; romanizado como as-Sindibādu al-Baḥriyy) é un relato coñecido en todo o mundo debido ao libro As mil e unha noites, obra á que non pertencía nas súas orixes que lle deu moita máis fama a este relato que ao de "Simbad o Terrestre", tamén tradicional e protagonizado por un viaxeiro diferente pero de idéntico nome.
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Segundo René Khawan, tradutor e crítico libanés, o relato das aventuras de "Simbad o mariño" só foi introducido nas Noites cara aos inicios do século XVIII, e con moita cautela, ao abeiro da fantasía dos copistas. Así, a primeira edición impresa en árabe d'As mil e unha noites (Calcuta, 1814-1818) inclúe este relato coma un anexo ao final do libro e só se integra no seu esquema a partir da edición exipcia de 1835, e dun modo resumido e expurgado.
Segundo o relato, Simbad viaxou sete veces, vivindo en cada ocasión unha máis emocionante aventura. Crese que orixinariamente moitos destes relatos están inspirados na Odisea de Homero.