From Wikipedia, the free encyclopedia
Silvestre I, ou San Silvestre, foi papa de 314 a 335, durante o goberno do emperador Constantino I, quen instaurou a tolerancia co cristianismo no seo do Imperio romano.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Nome orixinal | (la) Silvester I |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século III Roma, Italia |
Morte | 31 de decembro de 335 Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Catacumba de Priscila (pt) |
33º Papa | |
31 de xaneiro de 314 – 31 de decembro de 335 ← Melquiades – Marcos → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 31 de decembro 31 de decembro |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Sylvester I., Sylvester, St. |
A súa autoridade viuse eclipsada pola de Constantino, non asistindo ao sínodo de Arles (314) nin ao concilio de Nicea (325), convocados polo emperador. Mais todo iso non impediu que, con el ou sen el, fose durante o seu pontificado cando a autoridade da Igrexa fose establecida e que se edificasen os primeiros monumentos cristiáns: a igrexa do Santo Sepulcro en Xerusalén, as basílicas de San Xoán de Letrán e a de San Pedro en Roma, as igrexas dos Santos Apóstolos e a de Santa Sofía en Constantinopla.
Os historiadores cristiáns de época romana (Eusebio de Cesarea e Lactancio) atribuíran a conversión de Constantino a unha visión, que este sufriría xusto antes da batalla de Ponte Milvio, na cal triunfou sobre Maxencio (312). Mais a tradición medieval, transmitida especialmente a través da Lenda Áurea, dou unha interpretación diferente: o emperador estaba cuberto dunha lepra incurable, e entón Silvestre teríao bautizado por inmersión nunha piscina, o que tería o efecto de sandarlle a lepra, comprendendo que debía defender a fe cristiá. Este episodio nárrase tamén na Doazón de Constantino, texto aparecido no século IX, polo que se concedía ao papa Silvestre o poder sobre Occidente. O carácter apócrifo e carente de valor dese texto está hoxe admitido pola Igrexa.
Atribúense a Silvestre outros milagres, por exemplo, resucitar un touro e domar un dragón.
Silvestre I foi un dos primeiros santos canonizados sen sufrir martirio. A súa festividade celébrase o 31 de decembro, que é a probable data da súa inhumación; a Igrexa ortodoxa e máis as Igrexas católicas orientais, que seguen os ritos ortodoxos, conmemórano o día 2 de xaneiro.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.