From Wikipedia, the free encyclopedia
Sicardo (m. 839) foi príncipe de Benevento desde 832, último soberano do principado beneventano como un todo unitario, que cubría boa parte do Mezzogiorno (chamado Longobardia Minor). Á súa morte, o principado cae nunha guerra civil que determinou a definitiva separación do dominio de Salerno. Unha breve reunificación tivo lugar baixo Pandulfo Testa de Ferro do 977 ao 981. Sicardo foi fillo e sucesor de Sicón, príncipe da estirpe de Spoleto.
Nome orixinal | (it) Sicardo (la) Sicard |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | valor descoñecido Italia |
Morte | 839 |
Causa da morte | homicidio |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Período de actividade | 832 - 839 |
Outro | |
Título | Prince of Benevento (en) (832–839) |
Cónxuxe | Adelchisa |
Pai | Sico I de Benevento |
Irmáns | Siconulfo de Salerno |
Durante o seu reinado combateu repetidamente contra os sarracenos e as cidades veciñas, especialmente contra Sorrento, Nápoles e Amalfi, e representou a máxima potencia económica e militar de todo o sur de Italia. No 836, co Pactum Sicardi, estipulou unha paz de cinco anos coas tres cidades antes mencionadas e recoñeceu o dereito destas á libre circulación dos seus mercadores. Pero a guerra continuou igualmente. No 837 entrou en conflito co duque Andrea II de Nápoles, que por primeira vez chamou na súa axuda aos sarracenos, dando inicio a unha "tradición" seguida por moitos outros príncipes cristiáns. No 838 deu sometido Amalfi atacándoa por mar.
Malia a aptitude para a guerra, Sicardo foi tamén un alegre patrocinador de novas construcións. A el débese a edificación dunha nova igrexa en Benevento, que quere poñer en valor facéndoa sede das reliquias de San Bertomeu, supostamente tomadas aos sarracenos grazas a algúns mercadores amalfitanos. Tras a toma de Amalfi apoderouse tamén das reliquias de Santa Trofimena.
Sicardo morreu asasinado no 839 nunha conxura encabezada polo tesoureiro Radelchis, que se autoproclamou príncipe. A usurpación foi obstaculizada polo irmán do defunto Sicardo, Siconulfo, que foi proclamado príncipe polo pobo de Salerno. O choque entre os dous pretendentes prolongouse dez anos e concluíu coa subdivisión do principado en dúas novas realidades estatais. Da repartición do dominio beneventano nace o Principado de Salerno, do cal Siconolfo foi o primeiro soberano.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.