From Wikipedia, the free encyclopedia
Show é un álbum en directo da banda inglesa The Cure, editado o 19 de outubro de 1993 e gravado no Palace of Auburn Hills de Auburn Hills, Míchigan (un suburbio de Detroit) en 1992, durante a xira de promoción do álbum Wish. Show tamén foi lanzado como vídeo do concerto.
Show | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de directo de The Cure | ||||
Edición | 19 de outubro de 1993 | |||
Gravación | 1992 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | Fiction | |||
Producido por | Robert Smith | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Este álbum foi lanzado xunto con Paris, que foi gravado en París. Show inclínase cara ao material máis pop e recente da banda como "Just Like Heaven", "Pictures of You" e "Friday I'm in Love" mentres que Paris amosa os seus temas máis clásicos.
Show é un dobre CD editado en distintas versións con distintas listaxes de temas. A versión estadounidense é a única lanzada cun único disco. As cancións que non encaixaban no disco estadounidense ("Fascination Street", "The Walk" e "Let's Go to Bed") lanzáronse no EP Sideshow.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.