arquitecta irlandesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Shelley McNamara, nada en Lisdoonvarna, Condado de Clare en 1952, é unha arquitecta e académica irlandesa. É cofundadora de Grafton Architects con Yvonne Farrell en 1978.[1] Grafton colleu relevancia a inicios da década de 2010, especializándose na construción de edificios voluminosos, austeros mais espazosos para o ensino superior.[1] McNamara ensina arquitectura na University College Dublin desde 1976 e, tamén, noutras universidades.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 (71/72 anos) Lisdoonvarna, Irlanda |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irlanda |
Educación | University College Dublin |
Actividade | |
Ocupación | arquitecta |
Empregador | Grafton Architects |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios |
Grafton recibiu en 2020 a Medalla de Ouro do RIBA[2] e o seu edificio para a Universidade de Enxeñaría e Tecnoloxía de Lima obtivo o Premio Internacional RIBA en 2016 como o mellor edificio do mundo construído nese ano.[3] Comparte con Farrell o Premio Pritzker 2020, o premio máis prestixioso en arquitectura.[4][5]
Xunto con Yvonne Farrell, McNamara estabeleceu Grafton Architects en Dublín, Irlanda en 1978.[6] A súa arquitectura abarca todas as escalas e programas aínda que sobresaíron polos seus proxectos de edificios públicos e educativos tanto no ámbito local como internacional. Farrell e McNamara son conscientes de que o exercicio da arquitectura non é o produto dun só xenio; a arquitectura, afirman, é moito máis grande que iso, é un traballo colectivo onde a crítica e a discusión das ideas son estritamente necesarias. O ensino de proxectos cumpre un papel de vital importancia no seu propio desenvolvemento como profesionais, onde aprenden, teorizan e obteñen o contrapunto ao traballo na práctica.
Apostan por unha filosofía do deseño proxectual baseada no encontro das palabras e as ideas, a ética e a función pública da arquitectura. A súa motivación é lograr unha arquitectura que conxugue a súa dimensión artística coa súa misión de satisfacer necesidades humanas, materiais e simbólicas. Consideran a arquitectura como unha profesión que ten que escoitar (o que se di e o que non) para sintonizar cos requirimentos do lugar, tanto físicos como culturais.[7]
McNamara traballou na Escola de Arquitectura en UCD desde 1976. Pouco despois de graduarse empezou ensinar no University College de Dublín, xunto con Yvonne Farrell, onde ensinou entre 1976 e 2002. En 2015, McNamara alcanzou o grao de profesor adxunto na UCD.
Ademais McNamara foi profesora visitante da Accademia d'Archittettura da Oxford Books University, e da Accademia dei Architettura, Mendrisio (2008- 2010), Oslo, EPFL e Lausanne (2010-2011). Foi profesora a tempo completo en Mendrisio en 2013. En 2010, McNamara ocupou a Cátedra Kenzō Tange na Harvard Graduate School of Design e a Cátedra Louis Kahn na Universidade Yale no outono de 2011. Actuou como un xurado externo na Universidade de Cambridge e na London Metropolitan School of Architecture. Ademais de ensinar, McNamara deu moitas conferencias en Escolas europeas e norteamericanas de Arquitectura.[8]
McNamara, xunto con Yvonne Farrell, publicou o libro Dialogue and Translation: Grafton Architects en 2014. Este libro comprende o traballo da firma e unha colección de conferencias que ditaron na Escola de Arquitectura, Planificación e Preservación da Universidade de Columbia. Inclúe un comentario crítico de Kenneth Frampton.[9]
Grafton Architects foron as curadoras da edición de 2018 da Bienal de Arquitectura de Venecia.[10][11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.