From Wikipedia, the free encyclopedia
Shabtai Zevi ou Sabbatai Zevi, nado en Esmirna o 1 de agosto de 1626 e finado en Ulcinj (actual Montenegro) cara ao 17 de setembro de 1676[1], foi un mesías e cabalista xudeu, coñecido como Amirah polos seus seguidores.
Nome orixinal | (he) שַׁבְּתַי צְבִי |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de agosto de 1626 Esmirna |
Morte | 17 de setembro de 1676 (50 anos) Ulcinj (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Otomán |
Relixión | Islam, xudaísmo, Sabbateans (en) e Cábala |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | místico , rabino , false messiah (en) |
Lingua | Lingua hebrea e lingua turca |
Fundou a seita dönmeh, que floreceu no Imperio Otomán, no que confluían elementos do xudaísmo, cristianismo e islamismo.
En 1648 proclamouse mesías, expulsado de Esmirna en 1651 ou 1654 buscou refuxio en Tesalónica (Grecia), en 1665 uníuselle Nathan de Gaza e conseguiu apoio entre os xudeus de Palestina e entre a diáspora. Tras varios anos de prudencia nesa cidade, desencadeou un novo escándalo ao pronunciar nun banquete solemne celebrado no patio da sinagoga Shalom o tetragrammaton, inefable para o xudaísmo, e presentarse como o machia'h ben David, é dicir, o mesías fillo de David[2]. O consello rabínico federal expulsouno da cidade, e Shabtai Zevi partiu a predicar a súa doutrina noutras cidades do mundo sefardí. A súa predicación dividiu á comunidade xudía, tanto en Salónica como noutras cidades, e causou tales desordes que Shabtai Zevi foi arrestado e logo levado a Adrianópolis ante a presenza do sultán. Alí, intimidado a demostrar os seus poderes sobrenaturais rexeitando as frechas con que se lle ameazaba, terminou por abxurar da súa fe e converterse ao islam. Este golpe de efecto foi diversamente interpretado polos seus adeptos. Algúns viron un sinal e convertéronse ao islam; outros rexeitaron a súa doutrina e retornaron ao xudaísmo ortodoxo; e houbo quen, aínda permanecendo externamente fieis ao xudaísmo, continuaron seguindo en segredo os ensinos de Shabtai Zevi[2].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.