From Wikipedia, the free encyclopedia
O Servizo Postal dos Estados Unidos (USPS: United States Postal Service) é o organismo federal independente responsable do servizo postal nos Estados Unidos. A súa existencia recóllea explicitamente a súa Constitución[1].
Servizo Postal dos Estados Unidos de América | |
---|---|
Acrónimo | USPS e U.S. Postal Service |
Tipo | agência independente do governo dos Estados Unidos, servizo postal e negocio |
Data de fundación | 1 de xullo de 1971 |
Fundador(es) | Congreso dos Estados Unidos de América |
Presidente/a | |
Nº de empregados | 625.113 (2016) |
Eventos/Actividades | United States Postal Service 2018 data breach |
Organización subsidiaria | United States Postal Service Office of Inspector General e United States Postal Inspection Service |
Sede | L'Enfant Plaza e Washington, D.C. |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.usps.com/, http://www.usps.gov/ e https://tools.usps.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
No ano 2016 moveu algo máis de 150 mil millóns de pezas de correo, dando emprego a 640.000 traballadores (tanto fixos como eventuais) e con case 228.000 vehículos en circulación [2].
O sistema de distribución a nivel nacional é por medio de Códigos Postais (Zip-Code en inglés) os que constan de cinco díxitos. Ademais débese engadir catro díxitos a eses para unha máis eficiente e rápida entrega.
O Servizo de Inspeción Postal dos Estados Unidos (USPIS) é un dos corpos policiais máis antigo dos Estados Unidos[3]. Fundouno Benjamin Franklin coa misión de protexer o servizo postal, os seus empregados e usuarios do crime, así como resgardar ao propio sistema de correo do uso indebido para fins criminais[4]
Os inspectores postais aseguran o cumprimento das aproximadamente 200 leis federais[5] que regulan a investigación de crimes que afectan dolosa ou fraudulentamente o correo, sistema postal ou os seus empregados.
Conta cunha división uniformada, coñecida en inglés como Postal Police que asegura as principais instalacións da USPS, escoltan envíos de alto valor, económico ou artístico, e realizan outras funcións especializadas e que no ano 2000 estaba composto por 1400 axentes.[6]
Desde 1996 a Oficina do Inspector Xeral do Servizo Postal dos Estados Unidos (OIG) asumiu algunhas funcións de carácter interno que antes realizaba o Servizo de Inspección Postal. A elección do Inspector Xeral recae nos nove membros que conforman o consello de administradores do Servizo Postal, que elixe o presidente dos Estados Unidos e confirma o Senado. O propósito principal do OIG é previr, detectar e informa de fraudes, malversación e abusos, e promover a eficiencia nas operacións do servizo postal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.