Serra de Carrascoy

From Wikipedia, the free encyclopedia

Serra de Carrascoy

A serra de Carrascoy é un macizo montañoso situado na Rexión de Murcia e máis concretamente entre os municipios de Murcia, Fuente Álamo de Murcia e Alhama de Murcia, cunha superficie aproximada de 10.500 hectáreas. Está integrada dentro dun parque rexional denominado Carrascoy y el Valle.

Thumb
Vista da serra de Carrascoy nevada dende Librilla.

É un dos contrafortes montañosos da Cordilleira Penibética. Este macizo montañoso está formado por materiais do antigo macizo-herciniano Bético-rifeño, que se elevou durante a Oroxenia Alpina. Atópase rodeado por concas terciarias formadas por depresións arxilosas características no sueste da Península Ibérica.

A paisaxe forestal está formada na maior parte polo piñeiro carrasco (Pinus halepensis) coa presenza dunha reducida poboación de sobreiras (Quercus suber). En canto á fauna, as aves son especialmente variadas con respecto aos mamíferos.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.