From Wikipedia, the free encyclopedia
A serra de Ayllón ou macizo de Ayllón é unha cadea montañosa da Península Ibérica, pertencente ao Sistema Central, do que constitúe un dos seus contrafortes máis orientais. Está situada entre as provincias españolas de Guadalaxara, Segovia e Madrid.
Linda ao oeste coas serras de Somosierra e do Rincón, ao leste coas de Pela e Alto Rey, ao norte coa meseta Norte e ao sur coa Campiña de Guadalaxara.
Das súas montañas nacen os ríos Jarama e Sorbe, así como outros menores como o Jaramilla, Berbellido, Sonsaz ou do Ermito. Nos seus vales crecen as faias máis meridionais de Europa (Tejera Negra, La Pedrosa e Montejo), sen faltar na súa flora o carballo e o piñeiro silvestre. Entre a súa fauna atópanse lobos, voitres e pequenos mamíferos. A parte da serra na provincia de Guadalaxara atópase dentro do parque natural da Serra Norte de Guadalaxara e en boa parte do seu territorio esténdese a Reserva de Caza de Sonsaz.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Serra de Ayllón |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.