En xenética de poboacións, a selección disruptiva describe os cambios que se dan nunha poboación na cal os valores extremos dun trazo son favorecidos con respecto aos valores intermedios. Neste caso, a varianza do trazo increméntase e a poboación divídese en dous grupos diferenciados. A maioría dos individuos da poboación adquiren ou ben un dos dous valores periféricos do carácter ou ben o outro, en ambos os extremos da curva de distribución, á vez que os valores intermedios se fan cada vez máis escasos.[1][2]