From Wikipedia, the free encyclopedia
A selección de hóckey a patíns masculina de Suráfrica é o equipo que representa a Suráfrica nas competicións internacionais de hóckey a patíns en categoría masculina organizadas pola FARS ou polo CIRH. A selección surafricana depende da Southafrican Roller Hockey Federation (en galego Federación Surafricana de Hóckey a patíns), organismo fundado a principios dos anos '70. Actualmente a selección de Suráfrica é unha das mellores seleccións africanas xunto con Angola e Mozambique. O hóckey a patíns surafricano está a experimentar un notable progreso que se viu reflectido no Campionato do Mundo "B" de hóckey a patíns 2010, cando conseguiu chegar ata a final e asegurarse un posto no Campionato do Mundo "A" no 2011 por primeira vez na súa historia, ata aquela o mellor posto colleitado polos surafricanos fora un cuarto posto no Campionato do Mundo "B" do 2008 disputado na súa casa, quedándose ás portas de disputar o Mundial "A". Tamén no 2010 acadou o 7º posto na Copa América.
Suráfrica | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||||
Federación | Southafrican Roller Hockey Federation | ||||||||||||||||||||||||||
Confederación: | FARS | ||||||||||||||||||||||||||
Adestrador: | |||||||||||||||||||||||||||
Capitán: | |||||||||||||||||||||||||||
Títulos mundiais | |||||||||||||||||||||||||||
Mundial "A" | - | ||||||||||||||||||||||||||
Mundial "B" | - |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.