Selección de fútbol de Islandia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Selección de fútbol de Islandia é o equipo representativo do país nórdico nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación de Fútbol de Islandia (Knattspyrnusamband Íslands, KSÍ), pertencente á UEFA.[1]
Islandia | |||
---|---|---|---|
Actual campión da Copa do Mundo | |||
Actual campión da Eurocopa | |||
Actual campión da Copa de África | |||
Actual campión da Copa América | |||
Actual campión da Copa Ouro | |||
Actual campión da Copa Asiática | |||
Actual campión da Copa das Nacións da OFC | |||
| |||
| |||
Asociación | Knattspyrnusamband Íslands | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | ISL | ||
Alcume | {{{Alcume}}} | ||
Clasificación FIFA | 39 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Erik Hamrén | ||
Máis encontros | Rúnar Kristinsson (104) | ||
Máximo goleador | Eidur Gudjohnsen Kolbeinn Sigþórsson (26) | ||
Estrea internacional Islandia 0 − 3 Dinamarca Reiquiavik, Islandia; 17 de xullo de 1946 | |||
Maior vitoria Islandia 5 − 0 Malta Reiquiavik, Islandia; 27 de xullo de 2000 | |||
Maior derrota Dinamarca 14 − 2 Islandia Copenhague, Dinamarca; 23 de agosto de 1967 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 1 (primeira en 2018) | ||
Mellor resultado | Fase de grupos (2018) | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 1 (primeira en 2016) | ||
Mellor resultado | Cuartos de final (2016) | ||
Aínda que tradicionalmente estivo considerado un dos combinados nacionais máis débiles de Europa, o 6 de setembro de 2015 logrou clasificarse por primeira vez á fase final dunha competición internacional: a Eurocopa 2016. Durante o proceso clasificatorio, Islandia logrou derrotar a seleccións como Turquía, República Checa -ambas en condición de local- e aos Países Baixos en dúas oportunidades.
Unha vez na Euro 2016, os Viquingos superaron a primeira fase cun gol no minuto 94 que lles permitiu vencer a Austria e alcanzar o segundo posto do seu grupo.[2] En oitavos de final eliminaron a Inglaterra (2-1), considerado un dos resultados máis impactantes na historia do fútbol europeo e o máis importante na historia do fútbol islandés ata o momento.[3] Finalmente foron eliminados por Francia en cuartos de final.