filme de 1971 dirixido por Enzo Barboni From Wikipedia, the free encyclopedia
Seguíanlle chamando Trindade (en italiano: ...continuavano a chiamarlo Trinità) é unha película italiana de 1971 dirixida por E.B. Clucher. É a secuela da exitosa comedia spaghetti western de 1970 Chamábanlle Trindade.
Seguíanlle chamando Trindade | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | ...continuavano a chiamarlo Trinità |
Director | E.B. Clucher |
Produtor | Joseph E. Levine, Ezio Palaggi, Roberto Palaggi, Italo Zingarelli |
Guión | E.B. Clucher |
Intérpretes | Terence Hill, Bud Spencer, Yanti Sommer, Enzo Tarascio, Harry Carey Jr., Pupo de Luca, Jessica Dublin, Dana Ghia, Emilio Delle Piane, Enzo Fiermonte, Tony Norton, Franco Ressel, Riccardo Pizzuti, Benito Stefanelli, Fortunato Arena |
Música | Guido De Angelis, Maurizio De Angelis |
Fotografía | Aldo Giordani |
Montaxe | Antonio Siciliano |
Estrea | 21 de outubro de 1971 |
Duración | 113 minutos |
Orixe | Italia |
Xénero | comedia, spaghetti western |
Filme anterior | Chamábanlle Trindade |
Na rede | |
Foi gañadora en 1973 do galardón "Golden Screen", do Feltival alemán do mesmo nome.
A súa duración orixinal é de 113 minutos, pero na versión de DVD recortáronse algunhas tomas, quedando en 107.
Logo de se reencontraren na casa familiar, "Trinità" e o seu irmán "Bambino" deciden comezar a súa serie de fechorías, na que un ensinaría ó outro os trucos nos que é especialista, co atraco a unha carreta. Pero a pobreza dos seus propietarios lévaos a seguir adiante, chegando a unha vila onde os toman por axentes federais. Logo de seren corrompidos por un foraxido local, dan cunha misión relixiosa, onde ten lugar unha gran pelexa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.