edificio civil en Vigo From Wikipedia, the free encyclopedia
A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo é un edificio do século XXI situado na cidade de Vigo.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde abril de 2022) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O edificio, inaugurado o 1 de xullo de 2008, conta con seis andares e máis de 1.000 metros cadrados. O inmoble posúe unha sala de exposicións, salón de recepcións, despachos de presidencia e deputados, almacén e servizos administrativos.
Atópase no número 3 da rúa Oporto, ao carón da Casa de Fernando Carreras, antiga sede da alcaldía de Vigo. Na nova sede traballan nove empregados .[1]
A nova oficina constitúe a primeira sede da Deputación de Pontevedra aberta fóra da capital provincial.
A apertura dunha sede da deputación provincial na cidade de Vigo vén do desexo da institución de ter unha maior presenza no motor económico e cidade máis poboada da provincia de Pontevedra e de Galicia. A sede pretende prestar un servizo aos cidadáns vigueses para que non se teñan que desprazar á capital provincial.
Para o presidente da Deputación, Rafael Louzán, do Partido Popular, a súa apertura responde ao seu "compromiso persoal" coa cidade, e constitúe "un feito despois 171 anos de historia". O Partido Socialista, cualificouna coma un "despilfarro".[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.