![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ad/U.S._RecSat_Big_Picture.jpg/640px-U.S._RecSat_Big_Picture.jpg&w=640&q=50)
Satélite espía
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un satélite espía, denominado tamén como satélite de recoñecemento ou satélite de intelixencia, é un satélite de observación terrestre ou de comunicacións despregado para aplicacións de intelixencia e recoñecemento.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ad/U.S._RecSat_Big_Picture.jpg/640px-U.S._RecSat_Big_Picture.jpg)
A primeira xeración de satélites espía (como os Corona[1][2] estadounidenses ou os Zenit-2 soviéticos) tomaban fotografías con película fotográfica que debía ser devolta a terra en cápsulas para poder ser revelada e analizada. Posteriormente os satélites espía foron dotados de cámaras e sistemas dixitais que permiten transmitir as imaxes directamente a terra.