avogado, xornalista e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Saturnino Álvarez Bugallal, nado en Areas (Ponteareas) o 11 de febreiro de 1834 e finado en Lisboa o 30 de maio de 1885, foi un avogado, xornalista e político galego, foi ministro de Graza e Xustiza durante o reinado de Afonso XII.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de febreiro de 1834 Areas, España |
Morte | 30 de maio de 1885 (51 anos) Lisboa, Portugal |
Ministro | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Circunscrición electoral: Q42899708 | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , xornalista , avogado |
Partido político | Partido Liberal-Conservador |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Benigno Álvarez Bugallal |
Fillo de José Álvarez Covelo e María Bugallal Muñoz. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e rematou a carreira en Madrid. Como xornalista colaborou en El Diario Español e La Época. Foi deputado no Congreso polas circunscricións de Bande (1858), Tui (1863), Xinzo de Limia (1865), Vigo (1869), Ponteareas (1871), Bande (1872), Ponteareas (1872), Ourense (1876), Bande (1876), Ourense (1879), Ponteareas (1879), Celanova (1879), Bande (1881) e Ponteareas (1884). Foi tamén senador por Ourense en 1884.
En 1860 foi nomeado Fiscal de Imprenta e posteriormente foi nomeado Subdirector do Rexistro da Propiedade. Coa Restauración foi Fiscal do Tribunal Supremo de Xustiza. Ocupou a carteira ministerial de Graza e Xustiza en dúas ocasións: entre o 6 de xaneiro e o 7 de marzo de 1879 e entre o 9 de decembro de 1879 e o 8 de febreiro de 1881 en senllos gobernos presididos por Cánovas.
Como ministro, en pleno proceso codificador europeo do dereito civil, ditou o Real Decreto de 2 de febreiro de 1880 para incorporar representantes das rexións forais á Comisión Xeral de Codificación. Nel incluíu Galiza canda os demais territorios forais tradicionais, aínda cando o dereito galego non era de carácter foral en sentido estrito, senón consuetudinario. É posíbel que a súa amizade co rexionalista Manuel Murguía influíse dalgún xeito nesta consideración. Sexa como for, este feito acabou conducindo á promulgación da Lei de Compilación do Dereito Civil Especial de Galiza en 1963, antecedente do actual Dereito civil galego.[1][2]
Posteriormente foi nomeado ministro plenipotenciario de España en Lisboa, cidade onde faleceu en 1885. A súa viúva, Adelaida García Rodríguez, recibiu á súa morte o título de condesa de Bugallal.
Predecesor: Fernando Calderón Collantes |
Ministro de Graza e Xustiza 1879 |
Sucesor: Pedro Nolasco Aurioles Aguado |
Predecesor: Pedro Nolasco Aurioles Aguado |
Ministro de Graza e Xustiza 1879 - 1881 |
Sucesor: Manuel Alonso Martínez |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.