From Wikipedia, the free encyclopedia
Sarojini Naidu, nada como Sarojini Chattopadhyay en Hyderabad o 13 de febreiro de 1879 e finada en Lucknow o 2 de marzo de 1949, tamén coñecida polo sobrenome do Rousinol da India, foi unha activista pola independencia da India e poeta.[1] Naidu foi a primeira gobernadora das Provincias Unidas de Agra e Oudh entre 1947 e 1949; sendo a primeira muller que estivo á fronte dun goberno naquel país.[2][3] Tamén foi, en 1925, a segunda muller en presidir o Congreso Nacional Indio, e a primeira muller india ao facelo.[4][5] Como poeta destacou como unha dos mellores poetas líricos da época, escribindo en inglés.[6]
Nome orixinal | (bn) সরোজিনী নায়ডু |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Sarojini Chattopadhyay 13 de febreiro de 1879 Hyderabad (Raj Británico) |
Morte | 2 de marzo de 1949 (70 anos) Lucknow (Dominio da India) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Member of the Constituent Assembly of India (en) | |
6 de xullo de 1946 – | |
Indian state governor (en) Uttar Pradesh | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | India (1950–) Raj Británico (–1947) Dominio da India |
Educación | King's College de Londres St. George's Grammar School (en) Universidade de Madras (pt) Girton College Nizam College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | poetisa , independence activist (en) , política , loitador pola liberdade |
Partido político | Partido do Congresso Nacional Indiano (pt) |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Padmaja Naidu (pt) |
Irmáns | Harindranath Chattopadhyay (pt) , Virendranath Chattopadhyaya (pt) e Suhasini Chattopadhyay |
Naidu empeza a escribir con doce anos cunha obra en persa, Maher Muneer, que impresionou ao Nawab de Hyderabad.
En 1905 publícase a súa primeira colección de poemas, titulada "The Golden Threshold".[7] Os seus poemas foron apreciados por prominentes figuras políticas como Gopal Krishna Gokhale.
A súa colección de poemas, titulada "The Feather of The Dawn" foi editada postumamente en 1961 pola súa filla Padmaja.[8]
O asteroide 5647 Sarojininaidu, descuberto por Eleanor Helin, no Observatorio Palomar en 1990, recibiu ese nome na súa homenaxe.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.