Santa María de Guía de Gran Canaria
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Guía de Gran Canaria, tamén coñecido como Guía, é un concello das Illas Canarias, na provincia das Palmas, na illa de Gran Canaria. Segundo o INE, no ano 2013, o concello tiña 13811 habitantes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Las Palmas | ||||
Capital | Santa María de Guía de Gran Canaria (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 13.948 (2023) (327,49 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 42,59 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 180 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Pedro Manuel Rodríguez Pérez (en) | ||||
Orzamento | 15.474.954 € | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 35459 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 35023 | ||||
Páxina web | santamariadeguia.es |
En 1526 naceu a Villa de Guía. Máis tarde, en 1629, nos Sinodales do Bispo Cristóbal de la Cámara Murga, é nomeada como Guía. E así aparece ata unha Visita Pastoral a Gran Canaria do Bispo Juan Francisco Guillén do 23 de maio ao 16 de xuño de 1745, onde aparece como Villa de Guía. En Historia General de las Islas Canarias, de 1783, e no Diccionario Geográfico-Estadístico-Histórico de Canarias de Pascual Madoz (1886), aparece como Guía. En 1925 aparece como Guía de Gran Canaria. O 28 de decembro de 1962, o alcalde de entón, Rafael Velázquez García, propuxo cambiar de nome, sobre a base de «ratificar o tradicional nome do municipio». O cambio ratificouse en pleno o 26 de abril de 1963, cambiando o nome de Guía de Gran Canaria polo de Santa María de Guía tras obter a aprobación do Cabido Insular de Gran Canaria, que se negara en primeira instancia.
En outubro de 2008, o concello promoveu a iniciativa de abrir un debate dende a web municipal para que os veciños expresasen a súa opinión sobre o cambio da denominación do municipio, para o cal realizou unha enquisa a través da súa páxina web na que se daban 3 opcións de voto:
Ano | Poboación | Densidade |
---|---|---|
1991 | 12.383 | 294,8 Hab./km² |
1996 | 13.117 | 312,3 Hab./km² |
2001 | 13.893 | 323,1 Hab./km² |
2002 | 14.171 | 337,4 Hab./km² |
2003 | 14.355 | 334,7 Hab./km² |
2004 | 14.107 | 332,9 Hab./km² |
2005 | 14.086 | 330,7 Hab./km² |
2006 | 14.048 | 329,8 Hab./km² |
2007 | 14.081 | 330,6 Hab./km² |
2009 | 14.069 | 330,0 Hab./km² |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.