parroquia civil do concello de Paderne de Allariz From Wikipedia, the free encyclopedia
San Lourenzo de Siabal é unha parroquia do concello ourensán de Paderne de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 242 habitantes (112 homes e 130 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación.
San Lourenzo de Siabal | |
---|---|
Concello | Paderne de Allariz[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°16′59″N 7°45′21″O |
Poboación | 242 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta zona hai moitos elementos de interese: a igrexa de San Lourenzo, a capela da Vacariza, a capela de Siabal, o cruceiro de Siabal e o conxunto de cabaceiros do pobo de Siabal.
A igrexa de San Lourenzo é un templo barroco do século XVIII, destaca pola súa magnífica torre de campás que loce na traseira da súa fachada e vese dende case todos os puntos do concello. Está construída sobre unha igrexa anterior de arquitectura románica. Está dedicada a San Lourenzo, como o nome da parroquia, e a festa celébrase o 10 de agosto, que é o día do santo.[3]
A Vacariza destaca pola súa capela que está dedicada a San Pablo, a súa festa celébrase o 6 de xaneiro.[4]
A capela de Siabal está dedicada á Virxe dos Remedios, e a súa festa celébrase o 8 de setembro. Nesta vila pódese apreciar un precioso conxunto de cabaceiros no centro do pobo nos que antigamente gardaban o millo para secar. Ademais tamén conta cun cruceiro de data indefinida e composto por unha base a modo de peaña e unha columna que suxeita a cruz.[4]
Ermide, debido a que non ten capela, non ten santo e a festa celebrábana na honra de San Antonio, aínda que non o día dese santo, senón o primeiro domingo do mes de maio. Hoxe en día xa non celebran a festa.
Lugares da parroquia de San Lourenzo de Siabal no concello de Paderne de Allariz (Ourense) | |
---|---|
Alén | Arrabaldo | Ermide | Outeiros | O Rial | San Lourenzo | Siabal | O Silvar | A Vacariza |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.