![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/ce/Samothraki_island.jpg/640px-Samothraki_island.jpg&w=640&q=50)
Samotracia
illa grega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Samotracia (en grego, Σαμοθράκη ou Samothraki) é unha illa de Grecia no norte do mar Exeo. Sitúase no distrito de Evros, na provincia de Macedonia Oriental e Tracia. Está uns poucos quilómetros ao oeste da fronteira marítima entre Grecia e Turquía. A extensión da illa é 178 quilómetros cadrados, e a súa poboación de aproximadamente 2.800 habitantes. Depende da pesca e o turismo. O nome da illa é coñecido pola escultura chamada Vitoria de Samotracia que se atopa no museo do Louvre.
Datos rápidos Situación, País ...
Samotracia | |
---|---|
Σαμοθράκη | |
![]() Samotracia, co monte Fengari no fondo | |
![]() Localización da illa | |
Situación | |
País | Grecia |
Periferias de Grecia | Macedonia Oriental e Tracia |
Mar | Mar de Tracia |
Coordenadas | 40°29′N 25°31′L |
Xeografía | |
Superficie | 177´97 km² |
Punto máis alto | 1.611 m. Monte Fengari |
Demografía | |
Capital | Samotracia |
Poboación | 2.859 (2011) |
Densidade | 16´06 hab./km² |
Lingua propia | Grego |
Pechar