Salmónidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos salmónidos (Salmonidae) é a única familia da orde dos salmoniformes (Salmoniformes), peixes teleósteos mariños, os máis deles anádromos e algúns de augas doces, que se distribúen de forma natural por todo o hemisferio Norte, pero que foron amplamente introducidos polo ser humano en augas frías de ríos de todo o mundo para a pesca.[1]
Salmónidos Salmonidae Rango fósil: cretáceo superior - actualidade [1][2] | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Troita (Salmo trutta fario) | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||||
|
Inclúe especies como as troitas e os salmóns do Vello Mundo, os salmóns do Pacífico, as troitas do xénero Salvelinus, os salmóns do xénero Huso, os corégonos (xénero Coregonus) e os tímalos (xénero Thymallus).
Algunhas das súas especies son, ademais, extensamente criadas en acuicultura, tanto que existe unha especialidade dentro deste tipo de actividades, a acuicultura de salmónidos.
Os salmoniformes apareceron por primeira vez no rexistro fósil no cretáceo superior.[2]