Salento, Quindío
concello do departamento de Quindío, Colombia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Salento é un concello colombiano no departamento do Quindío. Ten unha superficie de 377,67 km²[1] e 7 100 habitantes (2015).[2][3] Chamado "o pai do Quindío" por ser o concello máis antigo deste departamento, é coñecido como o concello berce da árbore nacional, a "palma de cera", e posúe unha gran variedade de atractivos turísticos entre eles o Val de Cocora.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Salento (homónimos).
Datos rápidos Localización, Capital ...
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Quindío | |||
Capital | Salento | |||
Poboación | ||||
Poboación | 7.103 (18,89 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 376 km² | |||
Altitude | 1.895 m | |||
Creación | 1842 | |||
Páxina web | salento-quindio.gov.co |
Pechar
A temperatura media é de 18 graos Celsius e ten unha poboación aproximada no centro urbano de 3 000 habitantes e na zona rural de 5 500 habitantes.