Saint-Genis-Pouilly
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Saint-Genis-Pouilly (coñecida localmente como Saint-Genis) é unha vila francesa do departamento do Ain, na rexión de Ródano-Alpes, lindeira con Toiry, Prévessin-Moëns e o cantón de Xenebra (Suíza).
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Francia | |||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | |||
Rexións | Auvernia-Ródano-Alpes | |||
Departamento | Ain | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 14.558 (2021) (1.490,07 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Situado na entidade territorial estatística | Q3551018 | |||
Superficie | 9,77 km² | |||
Altitude | 419 m-502 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Hubert Bertrand (en) (2014–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 01630 | |||
Fuso horario | ||||
Páxina web | saint-genis-pouilly.fr | |||
A súa proximidade coa fronteira suíza (e coa propia Xenebra, uns 9 km), e que parte do CERN estea situado en solo de Saint-Genis-Pouilly e áreas lindeiras, fai que sexa un lugar no que comunmente habitan persoas que traballan ó outro lado da fronteira, moitos deles no CERN ou nas Nacións Unidas (Sede de Xenebra).
Por este motivo, pola falta de oferta de vivenda de Xenebra e os seus elevados prezos, e trala adhesión de Suíza ó Acordo de Schengen, Saint-Genis sufriu un espectacular crecemento durante a década do 2000, sendo unha vila en constante expansión e incremento do prezo da vivenda.
Antes da decisión por referendo de pechar as fronteiras por parte de Suíza, o servizo de Transportes Públicos de Xenebra (TPG) e a administración de Saint-Genis tiñan acordado prolongar a liña de tranvía de Xenebra, que conectaría a vila francesa coa cidade suíza. Trala decisión de pechar as fronteiras, ese acordo quedou suspendido e probablemente o proxecto sexa cancelado antes de ter comezado.
Tamén se prevé que o prezo das vivendas de Saint-Genis deixe de incrementarse e, incluso, decaia.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.