![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4c/Organza_skirt_-_Finished%2521.jpg/640px-Organza_skirt_-_Finished%2521.jpg&w=640&q=50)
Saia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A saia ( pronunciación (axuda · info)) ou faldra é unha peza de vestir cinguida á cintura que cobre as pernas, polo menos en parte. Adoita ser de tea e de forma cilíndrica ou tronco-cónica, e a diferenza dos pantalóns non está dividida. Por extensión denomínanse tamén saias ou faldróns ás teas que colgan da mesa de braseiro ou dos berces.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4c/Organza_skirt_-_Finished%21.jpg/640px-Organza_skirt_-_Finished%21.jpg)
Na súa versión máis sinxela pode ser un anaco de tea que se enrola na cintura (pareo, sarong), aínda que a maioría das saias son axustadas na cintura e máis amplas segundo se descende. Dependendo das épocas, as modas e o exhibicionismo de quen a leve, a lonxitude da saia pode ir de pouco máis que un cinto até chegar ata o chan, e pasando por calquera outra medida intermedia.
Algunhas saias medievais chegaron a ter máis de 3 metros de diámetro na base. No extremo contrario, as minisaias dos anos 60 (e seguintes) son pezas mínimas que poden chegar a non cubrir a roupa interior estando sentado, e en casos extremos nin estando de pé, para estes últimos emprégase o termo de saia-cinto.