From Wikipedia, the free encyclopedia
Safari é un navegador web desenvolvido por Apple para os seus sistemas operativos macOS, iOS e IPadOS. O código utilizado para renderizar páxinas web baséase no motor KHTML, creado para o proxecto KDE. Como resultado disto, o motor interno de Safari é software libre e é liberado baixo os termos da licenza GPL. As melloras ao código de KHTML por parte de Apple son incorporadas ao código de KDE rapidamente.
Safari | |
---|---|
O logo de Safari é un compás. | |
Autor orixinal | Apple Inc. |
Desenvolvedor(es) | Apple Inc. |
Escrito en | C++, Objective-C e Swift |
Sistema operativo | macOS iOS IPadOS |
Lingua/s | Multilingüe Galego: Non |
Licenza | Propietaria, Motor de renderizado baixo LGPL |
Sitio web | https://www.apple.com/es/safari/ |
En xuño de 2007 Apple anunciou unha versión de Safari para Windows, e puxo a disposición pública unha versión beta da mesma. Pero no 2012 Apple deixou fora a versión de Windows abandonándoa na versión 5.1.7.
A primeira versión beta de Safari foi presentada na exposición Macworld no ano 2003. A súa versión 1.0 lanzouse en xuño de 2003. A versión 1.1 publicouse en outubro do mesmo ano e converteuse na primeira versión de Safari en ser o navegador predeterminado para Mac OS.
Anteriormente ao lanzamento de Safari, Apple incorporaba o navegador Internet Explorer para Mac de Microsoft ás súas computadoras como navegador predeterminado. No Mac OS X v10.3, Internet Explorer continúa sendo incluído, pero xa non é o navegador predeterminado, e en Mac OS X v10.4 só se atopa Safari.
Apple Computer e Sun Microsystems decidiron unirse para substituír o motor KHTML por un novo motor denominado Sunrise, e que se incorporaría nas novas versións de Safari.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.