Sabela[1][2] (en grego Ἐλισάβετ e en hebreo אֱלִישֶׁבַע / אֱלִישָׁבַע) foi a nai de Xoán Bautista. Ademais era descendente de Aharón, parente de María e esposa de Zacarías, de acordo co Evanxeo de Lucas.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaSabela, nai de Xoán Bautista

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo I a. C. Editar o valor en Wikidata
Hebrom (Reino herodiano) Editar o valor en Wikidata
Morteséculo I Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa5 de novembro Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaAharón e levita Editar o valor en Wikidata
CónxuxeZacarías Editar o valor en Wikidata
FillosYahya ibn Zakaryia, Xoán o Bautista Editar o valor en Wikidata
ParentesSanta María, valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Visitación Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
A Cyclopaedia of Female Biography Editar o valor en Wikidata
Pechar

Narración bíblica

Deus enviou o arcanxo Gabriel a Nazaret, en Galilea, para comunicarlle a María, parente de Sabela, que concibiría polo Espírito Santo un fillo, que se chamaría Xesús. O arcanxo informoulle tamén de que a seu parente Sabela comezara o seu sexto mes de embarazo. María viaxou a un monte de Hebrón, en Xudea, para visitar a Sabela (Lucas 1:26-40).

Esta visita da Virxe María á seu parente Sabela constitúe o misterio da Visitación á Virxe María (Lucas 1:39-56). María loa a Deus cunha oración chamada Magnificat.

Tradición

Segundo a tradición, Sabela é filla dunha muller chamada Sobe, filla de Eliud, da tribo de Levi e de Emerenciana. Esta, ao quedar viúva casa con Matán (Mt. 1,15), natural de Belén e dedícanse á crianza de ovellas. Foron os pais de Ana, a nai de María e a avoa materna de Xesús.

Apócrifos

Moitos evanxeos apócrifos mencionan a Sabela. O máis famoso é o Evanxeo de Santiago, que menciona que o seu esposo, Zacarías, foi asasinado.

Santidade

Sabela é venerada como santa pola Igrexa católica o 5 de novembro. Na Igrexa ortodoxa e na Igrexa Anglicana éo o 5 de setembro, o mesmo día que Zacarías. Sabela está considerada como matriarca no santoral (5 de novembro) da Igrexa Luterana Sínodo de Missouri e Zacarías é considerado un profeta.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.