![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/dd/Kerho-Ilves.jpg/640px-Kerho-Ilves.jpg&w=640&q=50)
Liiga
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Liiga (anteriormente denominada Suomen Mestaruus Liiga ou SM-liiga en finés) é a máxima liga profesional de hóckey sobre xeo de Finlandia, e unha das ligas máis famosas nesa modalidade en Europa, sendo catalogada pola IIHF como a segunda mellor liga nacional máis importante do continente por detrás da Svenska hockeyligan (SHL), e a cuarta mellor do mundo por detrás das ligas internacionais National Hockey League (NHL) e Kontinental Hockey League (KHL).[lower-alpha 1][1]
Tipo | professional sports league (en) ![]() ![]() |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo ![]() |
Liga inferior | Mestis e I-divisioona (en) ![]() ![]() |
Número de participantes | 15 ![]() |
Localización e Datas | |
País | Finlandia ![]() |
Vixencia | 1975 – ![]() |
Calendario da tempada | setembro – abril ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | liiga.fi ![]() |
Creada en 1975 para desenvolver a profesionalización do hóckey sobre xeo finlandés, a SM-liiga substituíu o campionato de afeccionados (na práctica, semiprofesional), a SM-sarja, e na súa tempada inaugural competiron dez equipos, número que foi progresivamente aumentando ata os 15 que a conforman dende a tempada 2015-16. A SM-Liiga ten un acordo coa Federación Finesa de Hóckey sobre xeo, polo que está considerada coma o campionato principal do país. Ademais, o hóckey sobre xeo está considerado un dos deportes nacionais de Finlandia.
O equipo campión recibe a Kanada-malja (Copa Canadá). Dende a súa creación, a liga estivo dominada principalmente por tres equipos: Tappara (10 títulos e 9 subcampionatos), TPS (10 títulos e 7 subcampionatos) e Kärpät (8 títulos e 2 subcampionatos), que suman un total de 28 títulos ao inicio da tempada 2019-20.