From Wikipedia, the free encyclopedia
S/2004 S 3 é a designación provisional dun obxecto aínda sen confirmar que foi visto orbitando Saturno dentro da parte externa do anel F o 21 de xuño do 2004. Foi descuberto polo Equipo de Imaxes da Cassini a partir de imaxes tomadas pola sonda Cassini o 21 de xuño do 2004[3] e descubrimento foi anunciado o 9 de setembro do 2004.[5]
imaxe do descubrimento de S/2004 S 3 | |
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Cassini Imaging Science Team. |
Descuberta no | 21 de xuño do 2004 |
Características orbitais | |
Eixo semi-maior | 140.100 − 140.600 kms[1][2][3] |
Excentricidade | < 0,002 [4] |
Período orbital | ~0,62 d |
Inclinación | próxima a cero |
Satélite de | Saturno |
Características físicas | |
Diámetro medio | 3-5 kms |
Período de rotación | probablemente é síncrono |
Albedo | ? |
Cor | ? |
Tipo espectral | ? |
A pesar das tentativas por 'recuperalo', non se puido volvelo ver. E máis, unha secuencia de 'recuperación' dun período orbital completo feita o 15 de novembro do 2004 cunha resolución de 4 kms, non foi capaz de 'recuperar' este obxecto. Isto suxire que puido ser unha compactación temporal de material que xa se disipara cando se fixo a secuencia de recuperación.[1]
Outro obxecto, S/2004 S 4 sería detectado 5 horas despois, xusto na parte máis interior do anel F. Recibiría este obxecto unha designación nova, pero suxírese a posibilidade de que S3 e S4 son ou foron un único obxecto que cruzaría o anel F.[5] Este obxecto tamén podería estar orbitando cunha inclinación lixeiramente diferente respecto do anel F, co cal non atravesaría o anel de material, a pesar de que foi visto tanto no interior coma no exterior deste anel.
Despois de todo, se S/2004 S 3 é un obxecto sólido, podería ter un diámetro (baseándose no seu brillo) de 3−5 kms, tamén podería ser unha lúa pastor da parte exterior do anel F.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.