Sólido (moeda)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O sólido (en latín: solidus) foi unha moeda romana do ouro da época do Imperio, introducida nos inicios do século IV en substitución do áureo, que, por mor da súa estabilidade, continuou a súa existencia en Bizancio ata o século XI, constituíndo a base dos sistemas monetarios de ambos os imperios.[1][2][3][4]
- Solidus redirixe aquí. Para outros usos véxase: solidus (termodinámica).
- Para o Sólido característico do Imperio Bizantino, véxase tamén: nomisma.
Tras a súa desaparición, o sólido foi a base de diferentes moedas posteriores, con circulación en diferentes rexións do mundo.[5]