Síndrome savant
From Wikipedia, the free encyclopedia
Síndrome savant (do francés Savant = sabio, pronunciado /sæˈvɑːnt, səˈvɑːnt, ˈsævənt/) é unha condición rara na que alguén con algunha discapacidade mental significativa en algún eido, ou trastorno do desenvolvemento intelectual, demostra certas habilidades moi por encima da media.[1] [2] As habilidades nas que destacan os savants están xeralmente relacionadas coa memoria. Isto pode incluír o cálculo rápido, habilidades artístico-memorísticas, a creación de mapas ou habilidades musicais. Normalmente, só hai unha habilidade excepcional.[1]
Síndrome savant | |
---|---|
Especialidade | Psiquiatría, neuroloxía |
Síntomas | Discapacidade mental xeral con determinadas capacidades moi superiores á media |
Tipos | Conxénito, adquirido |
Causas | Trastornos do neuro-desenvolvemento como o trastorno do espectro autista, dano cerebral |
Frecuencia | ~1 en un millón de persoas, estimada. Só arredor dun cento detectados e diagnosticados. |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Os savants xeralmente teñen un trastorno do neurodesenvolvemento como o trastorno do espectro autista ou teñen unha lesión cerebral.[1] Aproximadamente a metade dos casos están asociados co autismo, e poden ser coñecidos como "sabios autistas".[1] Aínda que a condición adoita aparecer na infancia, algúns casos desenvólvense máis tarde na vida.[1] Non se recoñece como un trastorno mental.[3]