Século de ouro dos Países Baixos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Século de ouro dos Países Baixos, tamén denominado Século de ouro neerlandés, Idade de ouro neerlandesa ou Idade de ouro holandesa (en neerlandés: Gouden Eeuw), foi un período da historia dos Países Baixos de 1584 a 1702, no que a modesta República Unida dos Países Baixos (predecesor dos actuais Países Baixos) se converteu na primeira potencia capitalista de Occidente.[1] Nesta época floreceron o comercio, a ciencia e a cultura holandesas, aclamados a nivel mundial.[2]
Os Países Baixos perderon o seu poder hexemónico no século XVIII, superados polo Reino Unido, co Tratado de Utrecht, pero tamén por Francia.