Sääminginsalo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Díxose que 'Sääminginsalo é a verdadeira illa máis grande de Finlandia (superficie 1.069 km²). Considérase como unha illa, é a terceira illa máis grande do mundo.[1] Esta illa interior está situada na rexión de Savonia do sur, na rexión lesta de Finlandia e está rodeada polo lago Gran Saimaa (Haukivesi, Puruvesi e Pihlajavesi), e a canle artificial, Raikuun kanava, que foi construída en 1750.[2][3] O monumento máis famoso de Sääminginsalo é a Igrexa Kerimäki, a igrexa de madeira máis grande do mundo.
Sääminginsalo | |
---|---|
Localización da illa | |
Mapa da illa | |
Situación | |
País | Finlandia |
Rexión | Savonia do Sur |
Mar | Lago Saimaa |
Coordenadas | 61°59′N 29°06′L |
Xeografía | |
Superficie | 1.069 km² |
Punto máis alto | 76 m. |
Demografía | |
Capital | Kerimäki |
Poboación | 17.000 hab. |
Densidade | 15´9 hab./km² |
Tradicionalmente, Soisalo, no mesmo complexo lacustre, considerábase a illa máis grande de Finlandia, pero tecnicamente non é unha verdadeira illa porque os lagos que a rodean non están no mesmo nivel.[4] O mesmo, con todo, pode dicirse de Sääminginsalo, porque está separada do continente por unha canle artificial soamente e non se diferenza de ningún xeito de penínsulas como Xutlandia ou Peloponeso.