From Wikipedia, the free encyclopedia
Rückert-Lieder é o título dun ciclo de cancións compostas polo compositor Gustav Mahler, baseándose en poemas do alemán Friedrich Rückert
En marzo de 1901, Mahler atópase na vila balneario de Opatija na costa dálmata. Aquí le os poemas de Rückert e escolle aqueles que musicaría nos vindeiros anos. Estas cancións de Rückert marcan o paso da primeira fase da obra Mahleriana, marcada pola poesía popular recollida nos textos de Des Knaben Wunderhorn, á segunda fase; caracterizada esta por sinfonías puramente instrumentais.
En sentido estrito estas cancións non forman un ciclo coma tal, xa que a única relación entre elas é o autor dos versos e un certo carácter temático común. As cancións son variacións dunha soa idea: a contemplación estática da beleza en diferentes aspectos. Apoiándose nesta idea, expóñense diversos temas. Tales coma a soidade do artista, os afectos familiares, o sentido da vida e a existencia do sufrimento.
En total son cinco as cancións que conforman o ciclo.
Co título Non me atendas nas miñas cancións (en galego), exponse a tensión existente durante a creación artística e descríbese os afectos dunha parella,
Co título Eu aspiraba un doce perfume (en galego), evócase unha vida harmoniosa, onde o amor e a creación acadan a súa plenitude.
Co título Non son deste mundo (en galego), móstrase o desengano do artista fronte a un mundo e sociedade xordos e agresores da sensibilidade do artista.
Co título A medianoite (en galego), descríbese a soidade espiritual, identificada metaforicamente coa noite. Mostrando que a fe é a única posibilidade de salvación. Existe unha certa similitude coa poesía de San Juan de la Cruz.
Co título Se estimas a beleza (en galego), móstrase unha concepción do amor completamente idealista.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.