From Wikipedia, the free encyclopedia
Segundo a tradición romana, Rómulo foi, xunto con seu irmán Remo o fundador de Roma. A lenda di que eran fillos de Marte e de Rea Silvia. Numitor, o pai de Rea Silvia, era o rei de Alba Longa. Foi destronado polo seu irmán Amulio, quen o expulsou da cidade, matou os seus fillos homes e obrigou a Rea Silvia a dedicarse ao culto de Vesta. Cando naceron os xemelgos foron abandonados pero unha loba atopounos e coidou deles ata que o pastor Fáustulo os recolleu. Os xemelgos querían fundar unha cidade e Rómulo trazou unha liña no chan para sinalar o recinto, no Palatino.
Reis de Roma | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rei | Período de reinado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rómulo | -753 --716 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Numa Pompilio | -715--674 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tulio Hostilio | -673--642 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Anco Marcio | -642--617 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarquinio Prisco | -616--579 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Servio Tulio | -578--535 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarquinio o Soberbio | -535--510 |
No ano 753 a.C., ambos comezaron a construír a cidade xunto ao monte Palatino cando, segundo a lenda, Rómulo matou a Remo por atravesar sacrilegamente o pomoerium. Tras a fundación da urbe, Rómulo invitou a criminais, escravos fuxidos e exiliados para lles dar asilo na nova cidade, chegando así a poboar cinco dos sete outeiros de Roma. Para conseguir esposas aos seus cidadáns, Rómulo convidou aos sabinos a un festival, onde raptou as mulleres sabinas e levounas a Roma. Logo da conseguinte guerra cos sabinos, Rómulo uniu os sabinos e os romanos baixo o goberno dunha diarquía xunto co líder sabino Tito Tacio.
Rómulo dividiu a poboación de Roma entre homes fortes e aqueles non aptos para combater. Os combatentes constituíron as primeiras lexións romanas, mentres que o resto se converteron nos plebeos de Roma, e de todos eles, Rómulo seleccionou a 100 dos homes de máis alta liñaxe como senadores. Estes homes foron chamados patricios, e os seus descendentes serían considerados como a casta nobiliaria romana. Tras a unión entre romanos e sabinos, Rómulo agregou outros 100 homes ao Senado.
Tamén baixo o reinado de Rómulo se estableceu a institución dos augures como parte da relixión romana, así como os Comitia Curiata. Rómulo dividiu á xente de Roma en tres tribos:
Cada tribo elixía a dez coviriae (curias, comunidade de homes), achegando ademais 100 cabaleiros e 10 centurias de infantes cada unha, conformando así a primeira lexión de 300 xinetes e 3.000 infantes. Ocasionalmente podía convocarse unha segunda lexión en caso de urxencia.
Logo de 38 anos de reinado, Rómulo librara numerosas guerras, estendendo a influencia de Roma por todo o Lacio e outras áreas circundantes. Pronto sería recordado como o primeiro gran conquistador, así como un dos homes máis devotos da historia de Roma. Tras a súa morte aos 54 anos de idade, foi divinizado como o deus da guerra Quirino, honrado non só como un dos tres deuses principais de Roma, senón tamén como a propia cidade de Roma divinizada.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Rómulo e Remo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.