Río Urubamba
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Urubamba, ou Urupampa, é un río do Perú, parcialmente navegábel, e que xunto co río Apurímac forman o Ucayali, un afluente do Amazonas.
(es) Río Urubamba | |||||
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | América do Sur | ||||
País da cunca | Perú | ||||
División administrativa | Perú | ||||
Final | |||||
División administrativa | Departamento de Loreto, Perú | ||||
Localización | Río Ucayali | ||||
| |||||
Composto por | |||||
Afluentes | 29 | ||||
Conca hidrográfica | Bacía do río Amazonas | ||||
Características | |||||
Dimensións | 725 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 60.300 km² | ||||
O nome do río en quichua é Willkamayu, "río sagrado", nome que conserva nesa lingua ao longo de todo o seu percorrido,e que é oficial nese idioma. Urubamba é outro nome tamén de orixe quichua é significa "chaira das arañas".
Nace na Cordilleira dos Andes ao sueste de Cuzco, preto do límite coa Rexión de Puno ( onde é chamado Vilcanota ). Flúe en dirección noroeste durante 724 km, antes de se unir co Apurímac en Atalaya para formar o Ucayali, un dos máis importantes tributarios do Amazonas.
A conca do Urubamba é disimétrica. Os tributarios principais sono pola beira dereita, dos que cómpre sinalar:
Adoita subdivirse o curso do Urubamba en dúas partes, o Baixo e Alto Urubamba, cuxo límite ven marcado por unha garganta de fama sinistra, o Pongo de Mainique. O val do Alto Urubamba está densamente poboado e é cultivado intensivamente por regadíos. Áchanse nesta zona vestixios abondo da civilización Inca, entre eles a sonada cidade do Machu Picchu. O val do Urubamba era sagrado para os Incas.
O Baixo Urubamba está menos habitado e desenvolto. Atópanse aquí varios pobos amerindios como os Machiguengas (ou Matsigenkas) e os asháninkas. A economía é forestal principalmente e encoóntranse tamén os xacementos gasísticos de Camisea. A localidade máis importante é Sepahua.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Urubamba |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.