From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Suriname é un río de América do Sur, que percorre o país homónimo, ao que dá nome, durante 480 km e desembocar finalmente no océano Atlántico.
O Suriname ten as súas fontes nas Montañas da Guaiana na lindes entre as Montañas Wilhelmina e os Montes Eilerts de Haan, zona na que é coñecido como o Gran Río (sic en español). Pasa logo por Brokopondo, Berg en Dal, despois entre ast comunidades trashumantes de Klaaskreek e Nieuw-Lombé, Jodensavanne, Carolina, Ornamibo e Domburg, antes de alcanzar a capital Paramaribo, na beira esquerda, e Meerzorg na beira dereita. En Nieuw Amsterdam xuntaselle o Commewijne, que é o seu afluente máis importante, e moi loguiño, no areal de Braamspunt rende as súas augas no océano Atlántico.
O Suriname ten varios rápidos e cachoeiras, así como algúns encoros, o maior dos cales é o Afobakadam.
O curso do río é interrompido polo Brokopondo Reservoir, que divide o río en dúas seccións. A corrente superior flúe case enteiramente só polo distrito de Sipaliwini, mentres que a inferior constitúe o curso principal e atravesa os distritos de Brokopondo, Para, Commewijne, Wanica e por último o de Paramaribo.
O Suriname é unha vía de transporte vital para o país. Os barcos poden entrar desde o Atlántico en Braamspunt, para descargar ou cargar no porto de Paramaribo (xusto no sur do centro da cidade), a 15 km da foz do río, ou ben seguir río arriba até os portos de Smalkalden e Paranam - a uns 30 km de Paramaribo -, que son puntos vitais para a indistria de aluminio.
Hai dúa pontes principais sobre a corrente do Suriname. No ano 2000, foi inaugurada a ponte Jules Wijdenbosch en Paramaribo, que permite comunicar a capital coa zona oriental do país. En Carolina, a uns 50 km ao sur de Paramaribo, existe unha ponte de madeira sobre o río.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.