![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cf/Ria_de_Ribadesella.jpg/640px-Ria_de_Ribadesella.jpg&w=640&q=50)
Río Sella
río asturiano / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Sella (Salia) é un río asturiano que desemboca no mar Cantábrico formando a ría de Ribadesella.
Río Sella | |
---|---|
![]() Ría de Ribasella, na desembocadura do río Sella | |
País | España |
Nacemento | Sajambre (León) |
Lonxitude | 56 km |
Caudal medio | 42,79 m³/s |
Desembocadura | Mar Cantábrico |
Nace nos Picos de Europa, na fonte do inferno, en Sajambre (León). Pasa por Cangas de Onís e desemboca no mar en Ribadesella (Asturias). Ten unha lonxitude de 56 Km. e unha conca de 1246 km². Percorre a cordilleira de Cuera, os picos de Europa, o cordal de Ponga e o Sueve.
Os seus principais afluentes son os ríos Ponga e Piloña, pola esquerda, e o Dobra e o Güeña pola dereita.
Todos os anos celébrase no mes de agosto o chamado Descenso Internacional do Sella, partindo desde Arriondas até o mar e que consiste nunha proba piragüista con milleiros de espectadores que remata baixo a ponte do Ribadesella despois de percorrer unha distancia de 19 quilómetros.